Compostela Cultura

9 de febreiro de 2010  | Mapa web | Contacto |
Concellaría de Cultura
Ana Martín Puigpelat, Socorro García Conde e Mercedes Castro na presentación de 'Amortal'

‘Amortal’ abre o ciclo ‘Teatro + Danza en Xira’ cunha reflexión sobre o amor

(3/2/2010) A Concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou hoxe a obra que esta mesma noite abre a programación de 2010 do ciclo ‘Teatro + Danza en Xira’. Trátase de Amortal, unha obra de Ana Martín Puigpelat dirixida por Salvador Bolta e cun...

A Orquestra Sinfónica de Castilla y León, no concerto de abono do Auditorio de Galicia

A música e as artes escénicas, protagonistas da programación cultural de febreiro

Máis información
Non perdas hoxe
  • 'Segredos e mentiras' no ciclo 'Londres no cinema'

    20:30 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    'Segredos e mentiras' no ciclo 'Londres no cinema' Mike Leigh

    Ao morrer os seus pais adoptivos, Hortense, unha nova optometrista negra de Londres, sente a necesidade de coñecer á súa nai natural, que a deu en adopción nada máis nacer. Esta resulta ser unha nai solteira que traballa nunha fábrica.

  • Concerto de trompa e pianos no ciclo de Novos intérpretes

    20:30 | Facultade de Xeografía e Historia

    Concerto de trompa e pianos no ciclo de Novos intérpretes

    Continúa o XII ciclo de Novos intérpretes cun concerto a cargo de Nicolás Gómez (trompa), Nelly Iglesias (piano) e Lorena Cabaleiro (piano).

  • Concerto de cámara do alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais

    20:30 | Escola de Altos Estudos Musicais

    Concerto de cámara do alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais

    A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrece un concerto de cámara a cargo de alumnos e a alumnas da especialidade de corda.

  • Rock and roll puro con Hi-Risers e Roy Loney&Sr.No

    21:30 | Sala NASA

    Rock and roll puro con Hi-Risers e Roy Loney&Sr.No

    Dúas bandas de EEUU ofrecen ao público compostelán o rock and roll máis auténtico na Sala Nasa. Hi-Risers demostrará que é unha das mellores bandas ao vivo a ritmo de Blues, Country, Doo Woop, Rockabilly ou Surf. E Roy Loney presentará o seu último disco, Got me a hot one, acompañado pola banda Sr. No.

Toda a axenda
O que vai vir

Shakespeare para ignorantes

12/02/2010 Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII).

Os mellores cociñeiros no Fórum Gastronómico

20/02/2010 Ferrán Adrià, Pierre Gagnaire ou Jacob Mielck son algunhas das figuras da gastronomía internacional que amosarán as súas artes culinarias no Recinto Feiral de Amio. Catas, concursos, exposicións, obradoiros ou sesións de cociña en directo son algunhas das actividades que se desenolverán dentro do Fórum.

Rodrigo Leão no ciclo Sons da Diversidade

27/02/2010 Rodrigo Leão, fundador de Madredeus e Sétima Legião, presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico, A MãeTexturas melancólicas da man dun dos músicos portugueses máis recoñecidos.

Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade

13/03/2010 Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade.

Consulta a axenda

De entre as vindeiras citas de Sons da Diversidade, con cal quedas?












O Centro Galego de Arte Contemporánea celebra xa o seu 15 aniversario. Este espazo de dinamización artística converteuse nestes anos nun referente ineludíbel do panorama cultural de Compostela. Ademais da programación estábel, que leva funcionando desde 1995, o CGAC xa ten elaborado o seu calendario para 2008, artellado en base a un modelo de investigación, de novos formatos de traballo e de relacións co contexto. Mais o labor deste centro non queda aí, o museo converteuse tamén nun lugar dinámico onde se celebran ciclos de conferencias, talleres, e incursións no campo da música, as artes escénicas e o cine. Todos estes datos e algún máis podes atopalos no noso directorio.

Destaques

Danza contemporánea co 'Macho' de David Loira

Danza contemporánea co 'Macho' de David Loira

David Loira formaba con Rut Balvís Pisando Ovos, unha das compañías máis interesantes da danza contemporánea. Agora, ten a súa propia compañía, Dloira, e desde ela ofrece un espectáculo que reflexiona sobre a identidade, o respecto e a liberdade. O mércores 10 e o xoves 11 abre no Teatro Principal a programación de 2010 de 'SCQ Danza'.

Seguir lendo

Regresa o Fórum Gastronómico

Regresa o Fórum Gastronómico

Os mellores cociñeiros do mundo voltan a Santiago ao Fórum Gastronómico que celebra a súa décimo primeira edición na capital galega do 20 ao 24 de febreiro. Ferrán Adrià, Pierre Gagnaire ou Jacob Mielck son algunhas das figuras da gastronomía internacional que amosarán as súas artes culinarias no Recinto Feiral de Amio. Catas, concursos, exposicións, obradoiros ou sesións de cociña en directo son algunhas das actividades que se desenolverán dentro do Fórum.

Seguir lendo

O cine con Londres como protagonista

O cine con Londres como protagonista

A Fundación Caixa Galicia programa un ciclo de cine no que se proxectan oito dos filmes máis emblemáticos que se rodaron en Londres. Unha escolma que abrangue cinco décadas de cine para achegar ao público películas nas que a capital británica xoga un papel protagonista.

Seguir lendo

Accede a web do Concello de Santiago

© Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, 2008