Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Luns, 12 de maio de 2008
  • Bicos con Lingua no Teatro Principal

    novo 10:30 | Teatro Principal

    Bicos con Lingua no Teatro Principal Talía Teatro

    Nesta obra recupéranse moitos dos contos de Longa lingua. Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

  • Bota a andar o Correlingua 2008

    novo 11:30 | Praza do Obadoiro

    Bota a andar o Correlingua 2008 Praza do Obradoiro

    Na Praza do Obradoiro darase saída esta mañá ap Correligua 2008, no que escolares de Compostela reivindican o emprego da lingua galega. Na súa volta ao Obradoiro os participantes poderán disfrutar dunha actuación do grupo Chévere.

  • Inaugúrase a exposición fotográfica 'Rusia actual'

    novo 13:30 | Facultade de Filosofía

    Inaugúrase a exposición fotográfica 'Rusia actual' Ria Novosti

    Organizada polo 'Rusintercentro', a mostra presenta unha selección de fotografías propiedade da Axencia Ria Novosti coa que se pretende ofrecer unha visión da Rusia actual: das súas xentes, paisaxes ou arquitectura.

  • Os monicreques de Fantoches Baj representan 'O Tío Miseria'

    novo 18:30 | Biblioteca Fundación Caixa Galicia

    Os monicreques de Fantoches Baj representan 'O Tío Miseria' Fantoches Baj

    A biblioteca da Fundación Caixa Galicia acolle o espectáculo de monicreques 'Tío miserias', da compañía Fantoches Baj.

  • 'El Benny', de Jorge Luis Sánchez, abre a Mostra de Cinema Cubano

    novo 20:00 | Teatro Principal

    'El Benny', de Jorge Luis Sánchez, abre a Mostra de Cinema Cubano Jorge Luis Sánchez

    A Mostra de Cinema Cubano organizada polo Consorcio Audiovisual Galego abre o 12 de maio coa proxección de 'El benny', dedicado ao músico Benny Moré.

  • Eduardo Galeano presenta no Auditorio, 'Espellos, unha historia case universal'

    novo 20:00 | Auditorio de Galicia

    Eduardo Galeano presenta no Auditorio, 'Espellos, unha historia case universal' Eduardo Galeano

    O escritor e xornalista uruguaio Eduardo Galeano vén a Galiza para presentar o seu novo libro, 'Espellos, unha historia case universal'. A cita é no Auditorio de Galicia a partir das 20:00 horas.

O que vai vir

No cinema
Exposicións