Actividades nas rúas de Compostela
Festijazz, unha nova achega para o festival FestigalEste ano chega un novo estilo ao Festigal: habilítase unha zona especialmente como café concerto para acoller aos mellores músicos de jazz durante as dúas tardes que dure o Festigal: SOS Trío Jazz, Sebas e Sera, World Jazz Duet, Roberto Sobrado, o brasileiro Renato Spencer... E contaremos tamén co humor de Mofa e Befa.
Actividades nas rúas de Compostela
Galería do software libre no Festigal FestigalEstes dous días poderemos aproveitar para descubrir todas as novidades do mundo do software libre, da man das asociacións galegas: GLUG, AGNIX, GALPON, Compostela Wireless... Coa colaboración de Man Común, Iniciativa Galega polo Software Libre.
Sala NASA
Galería audiovisual no Festigal FestigalNo Festigal non ha faltar un espazo para a creación audiovisual: ademais das sesións multimedia, nas que, despois de cada proxección, será celebrado un coloquio entre o público e os artistas presentes, poderemos lembrar parte da memoria histórica esquecida con varios documentais.
Auditorio de Galicia
Obxectos fotográficos no Auditorio José Manuel Fors, José Ramón Bas e Graciela SaccoJosé Manuel Fors, José Ramón Bas e Graciela Sacco amosan a súa obra nesta exposición comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, que quere achegarse ás novas posibilidades do mundo da fotografía a través da obra de tres artistas que teñen en común a importancia do valor obxectual da fotografía e as posibilidades de experimentar que permite.
Fundación Caixa Galicia
Remata 'Nazón de Breogán': un percorrido polas vivencias da nosa xente e do noso territorio Vicepresidencia da Xunta de GaliciaA Vicepresidencia da Xunta de Galicia promove esta exposición na que se conmemora o 70 aniversario do plebiscito do Estatuto do 36.
Actividades nas rúas de Compostela
Galería das Letras, no Festigal FestigalNestes dous días de concertos e actividade cultural imparábel poderemos gozar dunha galería permanente de presentación de libros e da presenza de varios autores.
Actividades nas rúas de Compostela
Espazo de animación para os máis pequenos no Festigal FestigalAo longo do Festigal haberá tamén un espazo dedicado á animación dos máis pequenos. Nesta galería infantil haberá actuacións de todo tipo: musicais, co gaiteiro Xosé de Aldán, Pé da Serra e Migallas, de teatro e contos, con Alberto Mbundi, Celso Parada e Tanxarina, obradoiros e moito máis.
Actividades nas rúas de Compostela
Asociacionismo, artesanía e moito máis FestigalAs tendas, os artesáns, e varias asociacións e colectivos de compostela toman o Campus Sur para amosar na rúa a súa actividade, as súas creacións e os seus produtos, ao longo dos dous días do Festigal.
Actividades nas rúas de Compostela
Galería da ciencia no Festigal AGAPEMANo Festigal preséntanse por vez primeira información, publicacións e actividades sobre algúns centros e proxectos da cultura científica galega. Alí teremos un punto de encontro para sabermos o que se está a facer e achegarmos ideas. Teremos unha colección de imaxes matemáticas elaboradas por AGAPEMA, paneis informativos, publicacións divulgativas e moito máis.
Outros espazos
Derradeiro día para entrar na Compostela descoñecida, na 'cidade máis oculta' Consorcio de Santiago'Intramuros' mostra o patrimonio e o ambiente dos conventos de clausura de Santiago.
novo 10:00 | Actividades nas rúas de Compostela
O Día Grande das Festas Varios artistasO día comezará coa ofrenda ao Apóstolo na Catedral e continuará cos grupos de pasarrúas e gaiteiros e cabezudos animando de novo as rúas da cidade.
17:00 - 20:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Volve Ferradura aberta Departamento de Educación e MocidadeOutro ano máis, volve Ferradura Aberta, para nenos e nenas de 2 a 5 e de 6 a 14 anos con espazos concretos para cada tramo de idade e para as familias. Recoller flores ás beiras do Sarela, coñecer as árbores do Pedroso ou compor unha brigada ecolóxica que coide as beiras do río Sarela do Carme de Abaixo son algunhas das actividades.
novo 17:30 | Actividades nas rúas de Compostela
A historia e a memoria na Galería das Ideas FestigalEsta mesa redonda, 70 anos despois do 36, encádrase nun amplísimo programa que coordina Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Catedrático de Historia Contemporánea e coordenador do proxecto de investigación "As vitimas: os nomes, as voces e os lugares" da Consellería de Cultura.
novo 18:00 - 20:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Estrelas para pechar a galería das ciencias no Festigal FestigalCunha presentación sobre as estrelas e co simulador do ceo Starry Night pecha a Galería da Ciencia. Este simulador é un avanzado programa informático que permite ver o espazo dende calquera lugar e a calquera hora, e mesmo viaxar polos planetas, lúas e o sol: a imaxe que é unha noite das Bágoas de San Lourenzo (mediados de agosto, as Perseidas), en Madrid ás 00:00, reproducida polo Starry Night.
19:30 - 21:00 | Danza Gaira
Curso de Baile Zíngaro-Oriental Centro GairaGoza da espontaneidade, ledicia e forza do ritmo das danzas xitanas de Oriente e Occidente.
novo 19:30 | Actividades nas rúas de Compostela
O Estatuto a debate na Galería das Ideas FestigalSomos unha Nación. Cara ao Estatuto que necesitamos estará moderado por Suso Iglesias, director da TVG, coas ponencias de Pablo González Mariñas, deputado do BNG e ponente do Novo Estatuto, María Xosé Bravo, vicepresidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e Miguel Barros, vogal do Consello de Administración de A Nosa Terra.
novo 20:30 | San Miguel dos Agros
A arpa enche San Miguel dos Agros nun novo concerto de Via Stellae Manuel VilasO compostelán Manuel Vilas deleitaranos na Igrexa de San Miguel dos Agros coa súa arpa de dúas ordes, nun concerto dos últimos do programa Via Stellae en Compostela.
novo 21:00 | Actividades nas rúas de Compostela
O Festigal remata con Espido, Kepa Junkera e Mercado Negro FestigalO Festigal pecha coa proposta intimista e sinxela de Guadi Galego e Guillermo Fernández, membros de Berrogüetto, en Espido, co folclore eusquera da man de Kepa Junkera e as boas vibracións de Mercado Negro, dende Portugal.
novo 22:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Baila con ritmo latino na noite do Apóstolo Combo DominicanoOs sons da República Dominicana abrirán a noite de música e baile na Alameda
novo 23:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Estrella cumple cen anos, estades convidados a celebralo na Quintana con 'A viaxe do son' Varios artistasEstrella Galicia cumple cen anos e o celebra con concertos por toda Galiza, esta noite toca en Compostela.
novo 24:00 | Actividades nas rúas de Compostela
O Compostela Festival trae a Papa Ikot Papa IkotEste músico guineano pon sons afroflamencos coa súa agrupación á noite do Toural.