Compostela cultura

Estás en: Concellaría de Cultura > Presentación

Presentación

A Concellaría de Cultura impulsa un desenvolvemento democrático, participativo, activo e creativo dos programas culturais que promove co fin de facilitar a transformación da sociedade mediante a xeración de identidade, entrelazando memoria e futuro. Aspírase a promover unha cultura na que os composteláns se poidan recoñecer e na que asemade podían albiscar a diversidade de pobos, nacións e linguas do mundo de xeito aberto e cun carácter de universalidade.

É un compromiso corporativo da Concellaría favorecer a extensión da realidade cultural máis alá dos sectores tradicionais, como literatura, artes escénicas, plásticas, audiovisuais ou patrimonio, para xerar novas canles que vinculen a cidade coas forzas que moven a sociedade compostelá, ao tempo que insiren o momento cultural nas posibilidades da sociedade da información.

Estímase ademais necesario soster un compromiso vinculante coa cidadanía, que debe ser a protagonista última da acción cultural da cidade, como emisora dos contidos e mensaxes culturais e, así mesmo, como receptora do abano múltiple das propostas culturais galegas e da diversidade de pobos do mundo.

A cooperación e apoio no desenvolvemento de proxectos culturais xerados polos diferentes axentes sociais, co establecemento de medidas e convenios que estimulen a súa participación, e o apoio das manifestacións tradicionais da cultura popular galega como a artesanía, música, folclore ou festas populares son outras das estratexias da xestión que impulsa a Concellaría de Cultura.

Concelleira
foto de socorro garciaSocorro García Conde

Tenenta de Alcalde.
Concelleira de Cultura e dos Centros Socioculturais.
Portavoz do Goberno e Portavoz do Grupo Municipal do BNG.

Entrou por primeira vez na corporación municipal en maio de 2007 sendo Concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación ate maio de 2008 cando pasou a dirixir a delegación de Cultura e Centros Socioculturais, asumindo tamén a tenencia de alcaldía.

É veciña das Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras e ten dous fillos. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ata a súa entrada no goberno municipal desenvolveu o seu labor profesional no propio Concello de Santiago onde é técnica de normalización lingüística. Foi representante sindical pola CIG chegando a presidir o Comité de Empresa.

Militante do BNG desde 1989 fai parte do Consello Local de Compostela, do cal foi responsábel desde 2004 ate principios do 2007. Tamén ten sido membro das direccións Nacional e Comarcal da CIG-Administración e do Consello Confederal da CIG. Participou na fundación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e na comisión técnica do Arquivo de Planificación Lingüística do Consello da Cultura Galega. Entre outros traballos e co-autora do volume A normalización língüística a debate (Edicións Xerais, 2002).
Contacto
Concellaría de Cultura:

Auditorio de Galicia:
Avda. Burgo das Nacións s/n.
Tel.: 981 552 290
Fax: 981 574 250
Contacta
Director: Pablo Rodríguez,
Tel.: 981 574 152
Contacta

Teatro Principal:
Rúa Nova, 21.
Directora: Montse Cillero,
Tel.: 981 542 347
Contacta

Zona "C":
Rúa San Domingos de Bonaval, 1.

Prensa Cultura:
Tel.: 981 542 328
Fax.: 981 542 329
Contacta