Paul Preston
Dentro do Ciclo 'Os Encontros do Club', o historiador británico Paul Preston participará o martes 3 de xuño para falar sobre 'Os correspondentes estranxeiros na Guerra Civil española'.
Para o historiador, un dos maiores expertos no estudo da Guerra Civil española, "esta Guerra supuxo o inicio da era dos correspondentes de guerra. Durante tres anos os ollos do mundo fixáronse en España, e os nomes máis importantes da prensa internacional apresuráronse a informar e rexistrar aqueles feitos". Algúns dos seus artigos xustificaron o dito de que "o bo periodismo é a primeira versión da historia".
Foi o caso dos americanos Jay Allen, Herbert L. Matthews e Louis Fisher, o ruso Mijail Kolstov e o sudafricano George L. Steer. "Entre o milleiro aproximado de correspondentes que se desprazaron en tropel a España, só unha minoría apoiaba a Franco. Máis numerosos foron os que simpatizaron cos sufrimentos dos españois da pé na zona leal e co entusiasmo co que continuaban loitando para defender a República".
Para Preston, "a experiencia do acontecido na Alemaña nazi e na Italia fascista impulsou a estes correspondentes a intentar abrir os ollos dos seus respectivos gobernos ante a escasa visión de futuro dunha política de non intervención, que privou á República de medios para defenderse e botouna nos brazos da Unión Soviética"