
(09/05/2008) Na lóxica de Jorge Macchi canto máis simple e limpo é un obxecto, máis referenzas persoais e sentimentais contén. Partindo desta premisa o artista arxentino crea 'Anatomía da melancolía', unha mostra da súa arte que fica aberta ao público no Centro Galego de Arte Contemporánea até o vindeiro 13 de xullo.
Ver só destaques de plástica | Seguir lendo
(09/05/2008) Achegar a lectura a todos os barrios da cidade e a todo tipo de públicos é a intención do ciclo Letras Vivas, que busca promover de xeito dinámico o hábito da lectura, con actividades para os máis pequenos e encontros coas creadores e creadores galegos para todos os públicos. Neste mes de maio monicreques e contacontos achegaranse aos Centros Socioculturais de Compostela dentro deste ciclo.
Ver só destaques de letras | Seguir lendo
(08/05/2008) A compañia de teatro Bengala Produccións pon en escena unha das composición máis logradas do gran músico ruso Igor Stravinsky, 'Historia do soldado'. A peza, dirixida a pequenos e maiores, inclúese na xira 'Ópera en familia', coa que a compañía galega pretende achegar a ópera aos máis pequenos.
Ver só destaques de teatro e danza | Seguir lendo
(07/05/2008) Froito da colaboración de diversas entidades galegas e cubanas do audiovisual, chega a Galiza a Mostra de Cine Cubano, que entre os días 12 e 16 de maio ofrecerá ao público galego unha escolla dos mellores traballos realizados no país caribeño.
Ver só destaques de cinema | Seguir lendo
(05/05/2008) O Cineclube de Compostela centra a súa programación para o mes de Abril nos diarios persoais cinematográficos. Ademais, na sesión do catorce de maio lembraranse os 40 anos do Maio do 68 francés coa proxección de 'Grandes seráns, pequenas mañás', do fotógrafo William Klein.
Ver só destaques de cinema | Seguir lendo
(29/04/2008) A polifacética artista de vangarda Laurie Anderson chega a Galiza dende os Estados Unidos Estados Unidos na edición de 2008 de Sons da Diversidade. Creadora de partituras para cine, teatro e danza, a artista explota ademais outras ramas da arte como a fotografía, a poesía e a arte visual. A cita é o vindeiro 16 de maio no Auditorio de Galicia.
Ver só destaques de música | Seguir lendo
(25/04/2008) O programa Espazos Sonoros desenvólvese en lugares do patrimonio cultural espallados por toda Galiza e Santiago de Compostela está representada, cos excepcionais escenarios de San Domingos de Bonaval e a Igrexa da Universidade. En total serán 9 actuacións dentro dos ciclos de música antiga, vocal e outros sons, onde se inclúen propostas experimentais contemporáneas.
Ver só destaques de música | Seguir lendo
(22/04/2008) A partir do 10 de maio e até o 7 de xuño, todos os sábados o Museo do Pobo Galego ofrece a posibilidade de disfrutar dun ciclo de contadores de distintos lugares da Península. Esta cita coa narración oral contará coa presenza de Quico Cadaval e Celso Sanmartín de Galiza, Antonio Fontinha de Portugal, José Luis Gutierrez 'Guti' de León e Joxe Mari Carrere de Euskadi.
Ver só destaques de varios | Seguir lendo
(22/04/2008) A Fundación Caixa Galicia acoller 'Sorolla e os seus contemporáneos', mostra que recolle obras dos mellores pintores españois de fins do século XIX e principios do XX, vai ficar aberta ao público dende o 21 abril deica o 6 de xullo.
Ver só destaques de plástica | Seguir lendo
(15/04/2008) A Fundación Eugenio Granell presenta o vindeiro mércores 30 de Abril o seu Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil 'Verbas con ás', organizado conxuntamente por Gálix (Asociación Galega de Libro Infantil e Xuvenil), o Museo do Pobo Galego e a propia Granell.
Ver só destaques de letras | Seguir lendo