Compostela cultura: Axenda


Estás en: Axenda > Varios > Performance dixital para ver como soa...
Sonosfera de Santiago
Horario:

21 de agosto de 2009
13:00

Lugar:

Praza do Toural

Prezo:

De balde.

Performance dixital para ver como soa Santiago

Escoitar.org

O colectivo de arte dixital Escoitar.org achégase a Compostela dentro da sección Abrazos OFF, o apartado máis innovador do Festival dos Abrazos. Percorrerán a cidade captando a súa natureza sonora.

O colectivo Escoitar.org ofrece unha audio-acción na rúa bautizada co nome de Sonosfera de Santiago. A actividade consiste nun paseo sonoro percorrendo os lugares onde se poden escoitar os sons propios da cidade, aqueles de confiren o carácter e a identidade acústica do lugar.

Neste paseo, os integrantes do colectivo levan un micrófono xigante capaz de capturar o son ambiente da cidade en tempo real e incluso emitilo po radio. Trátase de transportar o ambiente sonoro dun lugar concreto a todos os lugares, e tamén de fomentar e promocionar a escoita activa poñendo en primeiro plano o son ambiental da rúa que foi considerado sempre como un obxecto residual, como unha información sen importancia para relatar a historia dos lugares.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.